Mundo Beta 2.0

As 10 cousas que non podes facer co iPhone SDK
Tras preparar unha armada de Carrexadores Imperiais para o 9M, e despois do seu Capua persoal na Xuventude Galiza Net, o pataco volve para coidar da horta. Durante este tempo aconteceron varias cousas interesantes. Sen ir máis lonxe, a nosa compañía favorita publicou o Kit de Desenvolvemento para o seu iPhone.

Dende aquí animamos a todo o mundo que teña algo de idea a crear bonitas e fantasiosas aplicacións para este aparelliño, pero coidado, hai perigos ocultos. Cumprindo coa súa encomenda social, e para evitar que os nosos escasos lectores acaben empapelados pola multinacional de Cupertino, ofrecemos a Lista de Cousas que Non Podes Facer co SDK do iPhone (recén colleitadas da licencia de Apple). A saber:

- Non podes distribuir un programa que non estea aprobado por Apple Inc., nin por suposto, a través doutras canles que non sexan a súa tenda. Isto é o que sempre quixeron facer con iTunes, pero como non poden, pagamos a rabieta aquí.

-  Non podes instalar o SDK nunha máquina que non sexa Apple. Empecei a coller a indirecta cando vin que só se podía descargar en formato DMG…

- Non podes crear un programa que sobrecargue a rede… segundo os parámetros de Apple.

- Non podes utilizalo para escribir un programa que poida axudar a cometer un crime ou acto ilegal. Así que esquezámonos das follas de cálculo, que dan para tantos desfalcos, ou os procesadores de texto, que son o soporte de moitos delitos…

- Non podes crear nin adaptar con el aplicacións que chamen a código executable externo, nin un triste plugin. Polo tanto, nada de Firefox, Opera, Gimp/Potochó, e calquera outra aplicación extensible con scripts.

- Non podes utilizar linguaxes interpretadas. Vaite esquecendo de Python, Ruby, .NET, e outras polo estilo.

- Non podes crear software de grabación que non advirta dunha forma ostentosa que está a gravar. Hala, xa non podemos ser espías ‘cool’.

- Non podes deseñar aplicacións  que controlen vehículos. O que diciamos, que este non pode ser o teléfono de James Bond.

- Non podes facer GPS co SDK. Ben, realmente a licencia dí que non podes crear aplicacións deseñadas para servir de guía en tempo real, pero non nos imos poñer con matices.

- Non podes programar aplicacións VoIP -chamémoslle Skype- que usen  a rede celular. Menos mal que en Galicia temos WiFi dende Fisterra á Fonsagrada, que senon érache un problema…

Agora xa sabedes, meus. Avisados quedades.

Unha festa informática ‘accesible’
Non todos os participantes de Xuventude Galiza Net tiveron que conseguir á súa invitación a costa de ser os máis rápidos nos 30 segundos seguintes á apertura do prazo de inscripción. Coma o ano pasado, dende a Vicepresidencia da Xunta, reservan algúns equipos para invitados. Desta vez, ademais da visita xa habitual de persoas da terceira idade, sempre con ganas de aprender máis sobre as novas tecnoloxías, prantexouse unha zona para as persoas con discapacidade.

Nun lateral da sala, para que poidan sair cómodamente as cadeiras de rodas, estan os seus ordenadores. Aínda que iso ten algúns inconvenientes, como que se coñece a menos xente que se se estivera no centro da sala.

Sen embargo, os invitados coinciden en que a festa informática de Compostela os ten abraiados, sobre todo pola afluencia masiva de xente. Nestas mesas, a ‘mula’ é a indiscutible raíña. Nun dos postos, Avelino aproveita para descargar música. Vai de clásico, porque dí que lle gusta a “gitanada”, é dicir, a máis flamenca. Di que está encantado de atoparse aquí, sobre todo porque é unha forma de pasar un fin de semana distino “fai moito frío para ir de copeteo”, sorrí.

Ao seu lado, Héctor navega e descarga xogos. Está afeito a fedellar cos ordenadores, e de feito, ten un sobremesa e un portátil na casa. O seu software P2P mostra unha lista na que a música loita cos xogos por chegar antes ao seu disco duro. Di que prefire “os de coches”, aínda que se acorda das preferencias dalgún amigo á hora de elexir o que descarga. Héctor comenta que chegaron aquí o sábado pola mañá, e iranse o domingo co resto dos participantes.

Ganas de volver

Cando lle preguntas se virá o ano que ven, a resposta é dun afirmativo inequívoco. O mesmo que dixo antes Avelino e que di Cristina, que se atopa sentada frente a eles co seu mozo, Basilio. Él foi quen lle meteu a ela o ‘vicio’ dos ordenadores, e ela conseguiu que os dous puidesen vir xuntos á Xuventude Galiza Net.

Ademais do incrible ambiente que se respira, entre 1.500 apasionados da informática, Cristina quédase co menos habitual do encontro, co dirixible de cerca de 3 metros que sobrevoa a sala ollándoo todo coa súa cámara. Cristina pasa o seu tempo navegando pola web, e non deixa de mirar de reollo as páxinas do horóscopo. Basilio, en cambio, comparte sofware, aproveitando o ancho de banda do que dispón o seu equipo.

Os catro viñeron de Vigo e os catro afirman que se é posible, o ano que ven repetirán. Pola expresión da súa cara cando se lles pregunta, seguramente por falta de ganas seguro que non é.

700Mb a unha man
O sábado pola tarde, como xa ven sendo tradición, celebrouse o campionato de lanzamento de disco da Xuventude Galiza Net. Case medio cento de participantes deixaron o aire viciado da grande sala de ordenadores, e saíron á improvisada pista de lanzamento armados de cadanseu cd, co número de participante rotulado.

E aire si que tomaron porque o vento racheado que acompañaba a tarde santiaguesa facíase notar, sobre todo nos que esqueceron o xersei no recinto. Os organizadores lembraron que só se permitirían lanzamentos de cds, pois nas probas previas, os DVD’s cruzaban todo o campo e caían preto da autopista A-9, que bordea Santiago por detrás do Pazo de Congresos. “Imaxinade que lle cae a un coche a 120km/h, non lle ía facer gracia” xustificou o árbitro, e engadiu, o suficientemente baixo para que todos escoitaran: “…aínda que a nós probablemente si nos faría”.

O vento foi o grande protagonista do evento deportivo, decidindo cando axudaba, soprando de costas, ou cando estorbaba, mandando os cds ata o aparcadoiro máis próximo. A habilidade nata dos participantes tamén contaba, para desgracia dalgún cámara de vídeo que debeu pensar repetidas veces en esixir o plus de perigosidade para a próxima edición da ‘party’.

O gañador resolveuse moi preto do final, e foi un dos máis novos, Fran Balsa Carnota, o que se levou o gato á auga axudado presuntamente polo vento, como disque o deus Eolo lle botou unha man no seu día a Odiseo. Sorte ou habilidade, o seu nome inscríbese no olimpo dos gañadores desta XGN’08.

O máis cativo da XGN é un Asus Eee
Nun encontro informático como Xuventude Galiza Net, no que moitos xulgan o ordenador en función do seu tamaño (e sobre todo, da súa capacidade), hai xente, como Ramón que presume do equipo máis pequeno. Atopámolo nun dos coloquios celebrados no salón Obradoiro do Pazo de Congresos, queixándose porque a cobertura WiFi naquela esquina do recinto era de todo menos boa.

O pequeno aparatiño é nin máis nin menos que un Asus Eee, un portátil ultralixeiro co que a marca Asus logrou un auténtico ‘boom’ neste eido, coa sinxela fórmula de sacrificar prestacións por prezo e portabilidade.

Made in Taiwan

Ramón conta que o pediu a Taiwan a través de internet, custou uns 290 euros, gastos de envío a parte, e só lle tardou 3 días en chegar a casa. Porque aínda que estes portátiles estean a piques de sair en España, o mozo desconfía desa promesa que non se acaba de cumprir, e sobre todo dos prezos cos que chegarán aos consumidores da nosa terra.

Este rapaz noiés sácalle todo o partido ao equipo nos habituais desprazamentos por causa dos estudos. A batería dúralle unhas dúas horas mentres o usa para navegar e estar en contacto co mundo por mensaxería instantánea. “Era xusto para o que o quería” asegura Ramón, que xa ten outro portatil, un PowerBook, para o ‘traballo duro’. “Este cabe na mochila e non pesa tanto”, polo que é máis cómodo de levar a calquera lado, remata.

Tradutores: Wesnoth chámavos á gloria
O grupo de usuarios de Linux da Galiza vai colaborar, á súa maneira, na Xuventude Galiza Net.  Queren ter traducido para o 14 de Marzo o Battle for Wesnoth ao galego, para pasalo mellor nos torneos deste xogo libre.

Para esta traducción a contrarreloxo piden voluntarios. Ata agora teñen volcado ao galego o 55% dos contidos. Quen queira colaborar só ten que porse en contacto con eles, no espazo que teñen creado na forxa de Mancomún.

O xogo é multiplataforma, tanto funciona con Windows como con Linux ou OSX, ademáis doutras oito plataformas recoñecidas oficialmente. Ven sendo unha mistura de rol e estratexia por turnos. Xógase sobre un escenario de celdas hexadecimais e a historia, as características das personaxes e a intelixencia artificial están moi ben logradas. Dende este humilde blog non llelo recomendamos a ninguén que estea en exames, oposicións, épocas de estrés ou moito traballo porque é moi, moi aditivo.

Un N95 travestido de Wiimote
Se o Nokia N96, que presentaron estes días en Barcelona, ten xerado tanta expectativa, é porque ven ser o remprazo dun móvil que marcou á comunidade geek: o N95. Un aparato todoterreo que deixa técnicamente polo chan as posibilidades do iPhone máis pintado (pantallas táctiles aparte, claro).  Non imos falar das súas características, senón do que se pode facer con el. Concretamente, do que se pode facer con el que non preveu o fabricante.

Para isto imos coñecer o proxecto Niime. Comezouno un rapaz español e fai uso do ‘acelerómetro’ co que ven provisto o terminal, unha tecnoloxía que rexistra os movementos do móbil e que inicialmente se preveu para cousas tan sinxelas como que o menú se vise sempre dereito aínda que se apaisara o móvil, ou para amosar mellor as fotos horizontales. Pero hai quen ve máis aló. O video que ven a continuación mostra os proxectos de Asier Arranz, que así se chama este xenio, para este ano.

<object width="425" height="355">
<param name="movie" value="http://www.youtube.com/v/00PKV5xCL24&rel=1"></param>
<param name="wmode" value="transparent"></param>

<embed src="http://www.youtube.com/v/00PKV5xCL24&rel=1" type="application/x-shockwave-flash" wmode="transparent" width="425" height="355"></embed></object>

Dende un volante de coches a poder imitar a Super Mario a saltos, pasando pola navegación por Google Earth. É a mesma sensación que ter un mando dunha Wii pero cun campo de aplicacións case ilimitado, pois pode substituir ao rato do ordenador.A este mozo non ha tardar en caerlle un bonito posto de traballo na industria do videoxogo. Pataco dixit.

A resaca dun ‘non’
A moitos de nos éntranos o vicio consumista como remedio ós grandes males.  Xa se sabe, afogar as penas nun centro comercial. Non se preocupe, as grandes empresas tamén o fan.

Fíxese se non no caso de Microsoft, que responde ó plante de Yahoo! mercando empresas de dúas en dúas, feliz por quitarlle un caramelo da boca ó seu arquirrival Google. Fíxese en Yahoo!, que expresa a súa (postreira?) rabieta independentista mercando unha empresa de video do máis 2.0.

Hannos convencer de que eran operacións pensadas dende hai meses. Ata terán razón, pero semella un ataque de celos por partida dobre. Pensándoo ben, a Microsoft seríalle un engorro mercar unha empresa como Danger, cun modelo de negocio tan semellante ás úlitmas apostas de Yahoo!, como o seu software Go.

Por certo, se hai algún fan de Yahoo! na sala que quere repetir as veces que sexa a labazada desta empresa a Microsoft, pode calmar as súas ansias neste ring de preguntas e respostas. Lástima que non se poida escoller a Steve Ballmer de adversario, pero Jerry Yang ten unha boa pegada.

Windows nunha máquina virtual
Gustaríache cambiar de sistema operativo na túa computadora sen ter que andar reiniciando o equipo? A solución é executalo nunha máquina virtual. Por probar, o Pataco vai instalar un Windows XP no corazón do noso Linux, (calquera parecido coa película Alien é pura coincidencia) pero a combinación pode ser calquera outra.

O post é longo e con debuxiños, así que mellor  segue lendo despois do salto de páxina

(more…)

Faite a túa biblioteca O’Reilly
Hai unha lei non escrita que dí que eses libracos brancos con bechos debuxados na portada son os máis completos no eido da informática. Pero co caros que son, nunca se dan xuntado os suficientes propietarios para demostrar esta teoría.

Se queres dispoñer dos últimos éxitos desta editorial pra xente de mal vivir polo que che custaría un paquete de folios, ou che apetece encadernar as túas anotacións como se realmente puidesen pasar polo filtro dunha editorial seria, adiante, O’Reilly Maker é a túa páxina. O Pataco xa está pulindo o seu último best-seller…

Stallman xoga noutra liga
¿Que navegador vos parece que usa Richard Stallman, gurú barbado do MIT e demiurgo do movemento do software libre? ¿Será de Firefox/Iceweasel, Opera, Konqueror, Lynx? Non, amigos meus. Este home é dunha época distinta á nosa. Nunha lista de correo de OpenBSD, asegurou que el non usa ningún.

Para navegar “envío un mail a un demo (proceso que unha computador executa continuamente en segundo plano) que executa wget (minimalista programa UNIX para descargar arquivos de internet) e me reenvía a min a páxina”. E parece que o dicía en serio.

Podería ser peor. Podería ter respondido “Emacs“. E non dubiden que se pode.