Unha festa informática ‘accesible’

Por Pataco
Mar 16

Non todos os participantes de Xuventude Galiza Net tiveron que conseguir á súa invitación a costa de ser os máis rápidos nos 30 segundos seguintes á apertura do prazo de inscripción. Coma o ano pasado, dende a Vicepresidencia da Xunta, reservan algúns equipos para invitados. Desta vez, ademais da visita xa habitual de persoas da terceira idade, sempre con ganas de aprender máis sobre as novas tecnoloxías, prantexouse unha zona para as persoas con discapacidade.

Nun lateral da sala, para que poidan sair cómodamente as cadeiras de rodas, estan os seus ordenadores. Aínda que iso ten algúns inconvenientes, como que se coñece a menos xente que se se estivera no centro da sala.

Sen embargo, os invitados coinciden en que a festa informática de Compostela os ten abraiados, sobre todo pola afluencia masiva de xente. Nestas mesas, a ‘mula’ é a indiscutible raíña. Nun dos postos, Avelino aproveita para descargar música. Vai de clásico, porque dí que lle gusta a “gitanada”, é dicir, a máis flamenca. Di que está encantado de atoparse aquí, sobre todo porque é unha forma de pasar un fin de semana distino “fai moito frío para ir de copeteo”, sorrí.

Ao seu lado, Héctor navega e descarga xogos. Está afeito a fedellar cos ordenadores, e de feito, ten un sobremesa e un portátil na casa. O seu software P2P mostra unha lista na que a música loita cos xogos por chegar antes ao seu disco duro. Di que prefire “os de coches”, aínda que se acorda das preferencias dalgún amigo á hora de elexir o que descarga. Héctor comenta que chegaron aquí o sábado pola mañá, e iranse o domingo co resto dos participantes.

xgn_invitados.jpg


Ganas de volver

Cando lle preguntas se virá o ano que ven, a resposta é dun afirmativo inequívoco. O mesmo que dixo antes Avelino e que di Cristina, que se atopa sentada frente a eles co seu mozo, Basilio. Él foi quen lle meteu a ela o ‘vicio’ dos ordenadores, e ela conseguiu que os dous puidesen vir xuntos á Xuventude Galiza Net.

Ademais do incrible ambiente que se respira, entre 1.500 apasionados da informática, Cristina quédase co menos habitual do encontro, co dirixible de cerca de 3 metros que sobrevoa a sala ollándoo todo coa súa cámara. Cristina pasa o seu tempo navegando pola web, e non deixa de mirar de reollo as páxinas do horóscopo. Basilio, en cambio, comparte sofware, aproveitando o ancho de banda do que dispón o seu equipo.

Os catro viñeron de Vigo e os catro afirman que se é posible, o ano que ven repetirán. Pola expresión da súa cara cando se lles pregunta, seguramente por falta de ganas seguro que non é.

Arquivado en: XGN

Deixa unha resposta

A padiola mecánica

Mundo Beta

Non sei por que camiños chegaches, xoven aprendiz, pero aquí vas atopar o Coñecemento con maiúsculas. Falamos de tecnoloxía, de ciencia, desas pequenas cousas que ó final nos fan máis fácil a tarefa de tentar dominar o mundo

Comentarios recentes