O máis cativo da XGN é un Asus Eee

Por Pataco
Mar 15

Nun encontro informático como Xuventude Galiza Net, no que moitos xulgan o ordenador en función do seu tamaño (e sobre todo, da súa capacidade), hai xente, como Ramón que presume do equipo máis pequeno. Atopámolo nun dos coloquios celebrados no salón Obradoiro do Pazo de Congresos, queixándose porque a cobertura WiFi naquela esquina do recinto era de todo menos boa.Asus Eee na XGN

O pequeno aparatiño é nin máis nin menos que un Asus Eee, un portátil ultralixeiro co que a marca Asus logrou un auténtico ‘boom’ neste eido, coa sinxela fórmula de sacrificar prestacións por prezo e portabilidade.

Made in Taiwan
Ramón conta que o pediu a Taiwan a través de internet, custou uns 290 euros, gastos de envío a parte, e só lle tardou 3 días en chegar a casa. Porque aínda que estes portátiles estean a piques de sair en España, o mozo desconfía desa promesa que non se acaba de cumprir, e sobre todo dos prezos cos que chegarán aos consumidores da nosa terra.

Este rapaz noiés sácalle todo o partido ao equipo nos habituais desprazamentos por causa dos estudos. A batería dúralle unhas dúas horas mentres o usa para navegar e estar en contacto co mundo por mensaxería instantánea. “Era xusto para o que o quería” asegura Ramón, que xa ten outro portatil, un PowerBook, para o ‘traballo duro’. “Este cabe na mochila e non pesa tanto”, polo que é máis cómodo de levar a calquera lado, remata.

Arquivado en: XGN

Deixa unha resposta

A padiola mecánica

Mundo Beta

Non sei por que camiños chegaches, xoven aprendiz, pero aquí vas atopar o Coñecemento con maiúsculas. Falamos de tecnoloxía, de ciencia, desas pequenas cousas que ó final nos fan máis fácil a tarefa de tentar dominar o mundo

Comentarios recentes