Un N95 travestido de Wiimote

Por Pataco
Feb 20

Se o Nokia N96, que presentaron estes días en Barcelona, ten xerado tanta expectativa, é porque ven ser o remprazo dun móvil que marcou á comunidade geek: o N95. Un aparato todoterreo que deixa técnicamente polo chan as posibilidades do iPhone máis pintado (pantallas táctiles aparte, claro). Non imos falar das súas características, senón do que se pode facer con el. Concretamente, do que se pode facer con el que non preveu o fabricante.

Para isto imos coñecer o proxecto Niime. Comezouno un rapaz español e fai uso do ‘acelerómetro’ co que ven provisto o terminal, unha tecnoloxía que rexistra os movementos do móbil e que inicialmente se preveu para cousas tan sinxelas como que o menú se vise sempre dereito aínda que se apaisara o móvil, ou para amosar mellor as fotos horizontales. Pero hai quen ve máis aló. O video que ven a continuación mostra os proxectos de Asier Arranz, que así se chama este xenio, para este ano.


Dende un volante de coches a poder imitar a Super Mario a saltos, pasando pola navegación por Google Earth. É a mesma sensación que ter un mando dunha Wii pero cun campo de aplicacións case ilimitado, pois pode substituir ao rato do ordenador.A este mozo non ha tardar en caerlle un bonito posto de traballo na industria do videoxogo. Pataco dixit.

Arquivado en: Trebellos

Unha resposta a “Un N95 travestido de Wiimote”

  1. […] Mundo Beta 2.0 wrote an interesting post today on Un N95 travestido de WiimoteHere’s a quick excerptUn aparato todoterreo que deixa técnicamente polo chan as posibilidades do iPhone mái… […]

Deixa unha resposta

A padiola mecánica

Mundo Beta

Non sei por que camiños chegaches, xoven aprendiz, pero aquí vas atopar o Coñecemento con maiúsculas. Falamos de tecnoloxía, de ciencia, desas pequenas cousas que ó final nos fan máis fácil a tarefa de tentar dominar o mundo

Comentarios recentes