Windows nunha máquina virtual

Por Pataco
Feb 8

Gustaríache cambiar de sistema operativo na túa computadora sen ter que andar reiniciando o equipo? A solución é executalo nunha máquina virtual. Por probar, o Pataco vai instalar un Windows XP no corazón do noso Linux, (calquera parecido coa película Alien é pura coincidencia) pero a combinación pode ser calquera outra.

final.png

O post é longo e con debuxiños, así que mellor segue lendo despois do salto de páxina

 

A máquina virtual elixida será VirtualBox, que ten unha versión de código aberto, un bo manual de uso, e versións para Windows, OS X e Linux.

Unha consideración previa. Ter un sistema operativo virtualizado require unha boa cantidade de memoria.Unha máquina virtual executando Windows XP non funcionará lixeira con menos de 512MB de RAM libres, e con Vista nin o intentes se non tes un ordenador de ultimísima xeración. Da mesma maneira, son aconsellables un procesador potente e unha tarxeta gráfica con máis de 64MB de memoria.

Na páxina de descargas podemos atopar as instruccións para baixalo e comezar a instalación, así que lle adicaremos pouco tempo a isto e máis á configuración, que é igual en todolos sistemas operativos. Na distribución do Pataco a instalación sería así:

# aptitude install virtualbox-ose virtualbox-ose-source

e a continuación, hai que crear un módulo para o kernel:

# module-assistant prepare virtualbox-ose
# module-assistant auto-install virtualbox-ose

Feito isto, probablemente poidamos iniciar a máquina virtual na liña de comandos ou no menú aplicacións > Ferramentas do sistema. E atopamos isto:

vb_1.jpg

Clicamos en New para que salte o asistente. Asignamos a cantidade de RAM que usará o sistema invitado. Canta máis mellor, anque deixando sempre unha cantidade suficiente para o sistema anfitrión.

vb_2.jpg

Imos engadir o noso sistema operativo. Será un moi especial: Suricata OS edición Mangosta. Ven sendo unha versión de Windows optimizada, da que din os seus autores que aforra a metade de memoria que un XP normal. Os seus autores distribúena mediante Bittorrent, así que, se vos interesa, preguntádelle a San Google.

Ollo, isto non quere dicir que sexa unha versión pirateada. Para funcionar precisa un número de serie legal, de igual modo que un Windows normal :) . A única diferencia é que só che instala os arquivos imprescindibles deste sistema operativo. Usaremos o asistente para elexir un cd ou unha imaxe ISO

vb_3.jpg

Tamén deberemos indicar a cantidade de disco duro que lle asignaremos e un nome para identificalo. Ó finalizar este asistente, poderemos iniciar o noso Suricata na máquina virtual. Nese momento, poden aparecernos varias mensaxes de erro.

vb_4.jpg

Pode ser un fallo de permisos que solucionaremos engadindo o noso usuario ó grupo dos que poden usar virtualbox
# usermod -G vboxusers -a o_meu_nome_de_usuario

Ou pode que o módulo vboxdrv non estea cargado
# modprobe vboxdrv

Unha vez resoltos os problemas, a instalación comezará como a de un Windows de toda a vida…

vb_5.jpg

Suricata ten un asistente que vos permite instalar varios programas, ademais do entorno básico. O meu consello é que o ignoredes de momento, e instaledes despois o que precisedes.

vb_6.jpg

E con isto, xa podedes desfrutar (ou sufrir) un completo sistemaWindows virtualizado na vosa computadora. Un apunte final: pulsando a tecla de control do lado dereito pódese cambiar sair do sistema invitado. Para volver entrar, soe bastar cun doble clic dentro da pantalla.

 

Arquivado en: Trucos, Windows, GNU/Linux

Unha resposta a “Windows nunha máquina virtual”

  1. Para rizar o rizo o VirtualBox trae consigo drivers para Win para os dispositivos virtuais (Tamén para Linux se o virtualizado é un Linux, pero é algo máis complicado):

    Simplemente premendo en Devices (Dispositivos) > Install ‘Guest Additions’.

    Isto fará que no CDROM do Sistema Operativo virtualizado apareza un CD cos drivers pertinentes. Instalamos e punto.

    As melloras son evidentes como o poder redimensionar a pantalla a total (axustandose incluso a unha panorámica) ou permitir autofocus do punteiro, sen ter que premer CTL(dta) para sacar o punteiro da emulación.

    Máis referencias (en castelán).

Deixa unha resposta

A padiola mecánica

Mundo Beta

Non sei por que camiños chegaches, xoven aprendiz, pero aquí vas atopar o Coñecemento con maiúsculas. Falamos de tecnoloxía, de ciencia, desas pequenas cousas que ó final nos fan máis fácil a tarefa de tentar dominar o mundo

Comentarios recentes