Arquivo de Febreiro, 2008.

Tradutores: Wesnoth chámavos á gloria

Por Pataco
Feb 25

O grupo de usuarios de Linux da Galiza vai colaborar, á súa maneira, na Xuventude Galiza Net. Queren ter traducido para o 14 de Marzo o Battle for Wesnoth ao galego, para pasalo mellor nos torneos deste xogo libre.

Para esta traducción a contrarreloxo piden voluntarios. Ata agora teñen volcado ao galego o 55% dos contidos. Quen queira colaborar só ten que porse en contacto con eles, no espazo que teñen creado na forxa de Mancomún.

Battle for Wesnoth

O xogo é multiplataforma, tanto funciona con Windows como con Linux ou OSX, ademáis doutras oito plataformas recoñecidas oficialmente. Ven sendo unha mistura de rol e estratexia por turnos. Xógase sobre un escenario de celdas hexadecimais e a historia, as características das personaxes e a intelixencia artificial están moi ben logradas. Dende este humilde blog non llelo recomendamos a ninguén que estea en exames, oposicións, épocas de estrés ou moito traballo porque é moi, moi aditivo.

Arquivado en: A Rede, campañas | Comentarios (0)

Un N95 travestido de Wiimote

Por Pataco
Feb 20

Se o Nokia N96, que presentaron estes días en Barcelona, ten xerado tanta expectativa, é porque ven ser o remprazo dun móvil que marcou á comunidade geek: o N95. Un aparato todoterreo que deixa técnicamente polo chan as posibilidades do iPhone máis pintado (pantallas táctiles aparte, claro). Non imos falar das súas características, senón do que se pode facer con el. Concretamente, do que se pode facer con el que non preveu o fabricante.

Para isto imos coñecer o proxecto Niime. Comezouno un rapaz español e fai uso do ‘acelerómetro’ co que ven provisto o terminal, unha tecnoloxía que rexistra os movementos do móbil e que inicialmente se preveu para cousas tan sinxelas como que o menú se vise sempre dereito aínda que se apaisara o móvil, ou para amosar mellor as fotos horizontales. Pero hai quen ve máis aló. O video que ven a continuación mostra os proxectos de Asier Arranz, que así se chama este xenio, para este ano.


Dende un volante de coches a poder imitar a Super Mario a saltos, pasando pola navegación por Google Earth. É a mesma sensación que ter un mando dunha Wii pero cun campo de aplicacións case ilimitado, pois pode substituir ao rato do ordenador.A este mozo non ha tardar en caerlle un bonito posto de traballo na industria do videoxogo. Pataco dixit.

Arquivado en: Trebellos | Comentarios (1)

A resaca dun ‘non’

Por Pataco
Feb 13

A moitos de nos éntranos o vicio consumista como remedio ós grandes males. Xa se sabe, afogar as penas nun centro comercial. Non se preocupe, as grandes empresas tamén o fan.

Fíxese se non no caso de Microsoft, que responde ó plante de Yahoo! mercando empresas de dúas en dúas, feliz por quitarlle un caramelo da boca ó seu arquirrival Google. Fíxese en Yahoo!, que expresa a súa (postreira?) rabieta independentista mercando unha empresa de video do máis 2.0.

Hannos convencer de que eran operacións pensadas dende hai meses. Ata terán razón, pero semella un ataque de celos por partida dobre. Pensándoo ben, a Microsoft seríalle un engorro mercar unha empresa como Danger, cun modelo de negocio tan semellante ás úlitmas apostas de Yahoo!, como o seu software Go.

yahoo.jpg

Por certo, se hai algún fan de Yahoo! na sala que quere repetir as veces que sexa a labazada desta empresa a Microsoft, pode calmar as súas ansias neste ring de preguntas e respostas. Lástima que non se poida escoller a Steve Ballmer de adversario, pero Jerry Yang ten unha boa pegada.

Windows nunha máquina virtual

Por Pataco
Feb 8

Gustaríache cambiar de sistema operativo na túa computadora sen ter que andar reiniciando o equipo? A solución é executalo nunha máquina virtual. Por probar, o Pataco vai instalar un Windows XP no corazón do noso Linux, (calquera parecido coa película Alien é pura coincidencia) pero a combinación pode ser calquera outra.

final.png

O post é longo e con debuxiños, así que mellor segue lendo despois do salto de páxina

 

Le o resto da entrada »

Faite a túa biblioteca O’Reilly

Por Pataco
Feb 5

Hai unha lei non escrita que dí que eses libracos brancos con bechos debuxados na portada son os máis completos no eido da informática. Pero co caros que son, nunca se dan xuntado os suficientes propietarios para demostrar esta teoría.

Se queres dispoñer dos últimos éxitos desta editorial pra xente de mal vivir polo que che custaría un paquete de folios, ou che apetece encadernar as túas anotacións como se realmente puidesen pasar polo filtro dunha editorial seria, adiante, O’Reilly Maker é a túa páxina. O Pataco xa está pulindo o seu último best-seller…

Conquista o mundo

A padiola mecánica

Mundo Beta

Non sei por que camiños chegaches, xoven aprendiz, pero aquí vas atopar o Coñecemento con maiúsculas. Falamos de tecnoloxía, de ciencia, desas pequenas cousas que ó final nos fan máis fácil a tarefa de tentar dominar o mundo

Comentarios recentes