Stallman xoga noutra liga
Por Pataco
Xan 31
¿Que navegador vos parece que usa Richard Stallman, gurú barbado do MIT e demiurgo do movemento do software libre? ¿Será de Firefox/Iceweasel, Opera, Konqueror, Lynx? Non, amigos meus. Este home é dunha época distinta á nosa. Nunha lista de correo de OpenBSD, asegurou que el non usa ningún.
…
Para navegar “envío un mail a un demo (proceso que unha computador executa continuamente en segundo plano) que executa wget (minimalista programa UNIX para descargar arquivos de internet) e me reenvía a min a páxina”. E parece que o dicía en serio.
Podería ser peor. Podería ter respondido “Emacs“. E non dubiden que se pode.
