A Radio Galega no teu reprodutor favorito
Por Pataco
Xan 24A maioría das grandes radios ofertan a posibilidade de que a xente as escoite na rede. É unha moi boa opción para quen está de vacacións, ou traballa fóra da súa cidade, ou simplemente xa ten o ordenador aceso diante e non quere complicarse con máis aparellos.
O caso é que moitos reprodutores de nova xeración (Léase iTunes, Windows Media Player, Amarok…) ofertan distintas emisoras de radio ás que conectarse, o que é unha comodidade, se non fose que a maioría delas son estadounidenses de mais. Que pasa coas emisoras de aquí?
Imos ver o caso da Radio Galega. A versión en internet, visible dende o navegador, non amosa ningún botón ou enlace para gardala nun reprodutor. Sen embargo, o fluxo de audio existe e, navegando por aí, pódese atopar. É este: mms://85.91.64.23/RadioGalega. Para reproducilo, só hai que copiar esta dirección, elexir o botón “Abrir URL” do teu reprodutor favorito e acabouse. Así de sinxelo. Se usas Windows.
¿Que pasa con Linux?
Os linuxeiros teñen que dar un pequeno rodeo, porque o encabezamento mms indícanos que se está a usar un protocolo pechado de Windows, que ben pode ser o vello Microsoft Media Services ou, seguramente, o Real Time Streaming Protocol. O que importa é que nalgunhas das distribucións do pingüín non ven incluído por defecto, polo que nos vai aparecer unha bonita mensaxe de erro.
A solución pasa por instalar o plugin necesario para o reprodutor e o motor de audio que se queira utilizar. Por exemplo, para Rhythmbox, con gstreamer, chega con instalar o paquete gst-plugins-bad. En Debian sería así:
# aptitude install gstreamer0.10-plugins-bad
e o resultado, este:

O meu iTunes (maqueiro) non o reproduce
Segundo din en macosxhints.com, en Mac hai que facer un pequeno hack para que funcione. O primeiro é asegurarse de que está instalado o plug-in Flip4mac, que permite ó OSX tratar co audio e o video de Microsoft. Logo ven o interesante: ábrese o fluxo co Quicktime (si, paciencia, o iTunes ven despois), e gárdase o fluxo como .mov co menú Gardar como… A continuación arrástrase ata a biblioteca musical de iTunes e xa se pode escoitar, coa desventaxa de que non vai estar na categoría de Radios.


Eu uso Amarok en Ubuntu e non son que de escoitar a RG… algunha axuda?
o dito
ola, ifrit!
Aquí
http://www.kdehispano.org/node/1857
hai un rapaz que o conseguiu utilizando o motor xine (se o paquete se chama igual que en debian: sudo aptitude install amarok-xine, diría eu). Agora non teño un Amarok a man para probalo, pero se non funciona avisa, e buscamos outra solución.
Unha curiosidade: usas Kubuntu ou Ubuntu + Amarok?
Acabo de instalar Amarok (amarok-xine instalouse el só) Funcionoume á primeira, así que non puiden investigar no problema
saúdos
file:///tmp/kde-ifrit/amarok59X5Hb.asx”
Gracias
Igual é unha pregunta parva, pero imos ir descartando: tes instalados os w32codecs?
Moi agradecida, acabades de solucionarme a vida. Só unha pregunta: non teredes tamén o fluxo de Radio Galega Música, non? Un bico e parabéns polo blog.
Em Mac uso o VLC para os mms://
Tentem no linux, também.