Windows 7, por bo camiño
Por Pataco
Xan 21Comeza o baile de cifras. Segundo tgdaily, Windows 7, o sucesor de Vista adiantarase uns meses, e estará nas tendas no segundo semestre de 2009. É unha estupenda noticia porque nos da unha base para calcular cando se vai atrasar.
Vista estaba anunciado para finais de 2003 e saiu a finais de 2006, sen algunhas das características que se anunciaran ó comezo. Daquela a Windows 7, Vienna, ou como lle chamen ó final chegará a Galicia, probablemente, en vagóns contedores do flamante novo AVE.

Arquivado en: Windows
